jueves, 2 de julio de 2020


ÍMONOS DE VACACIÓNS


      Queridos nenos, nenas e familias de infantil de Cedeira, despois de  3 meses e medio de actividade, este blogue despídese ata setembro.
      "Cedeira pequena" foi creada como ponte de unión entre mestras e familias para axudar a manter o proceso educativo durante o confinamento e como canle de comunicación e apoio nese tempo tan estrano que nos tocou vivir.
        Agardamos  que esa situación non se volva repetir, que a nosa vida volva ter a normalidade desexada e que a educación presencial sexa realidade a partir do 10 de setembro.
       O curso rematou, as obrigas tamén. É tempo de descanso, de xogo, de paseos e de sol
       Cedeira pequena retomarase o curso que ven, para seguir comunicándonos coas familias de infantil e irvos contando a vida dos vosos fillos e fillas no cole.
        Dámosvos as grazas polos vosos comentarios, fotos, correos e visitas a este blogue, por facernos partícipes da vosa vida en confinamento, pola vosas suxerencias e pola  atención e interese que amosastes todo este tempo. Foi un pracer compartir con vós esta corentena. 


      Agardámosvos o 10 de setembro.







  FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS !!

miércoles, 1 de julio de 2020

FELIZ CUMPLE-VERÁN

Dende aquí queremos felicitar a todos os  nenos e nenas que cumplen anos nos meses de verán.











MOITÍSIMAS FELICIDADES




sábado, 20 de junio de 2020

viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIMOS AOS DA CLASE DE 5 ANOS

Queridos nenos e nenas da clase de 5 anos: chegou o momento de decir adeus a Infantil para irvos a Primaria. O tempo pasou sin darnos conta e neste vídeo veredes como fostes medrando,
día a día no cole de Cedeira.
 
Xa fai 3 meses que deixamos de vernos, pensábamos que iban ser un poucos días e ao final non pudemos facer todas as cousas que planeáramos con ilusión para o terceiro trimestre .
Contáronme que no confinamento vos portastes xenial, que axudástedes na casa, que fixestes traballiños e que tivéstedes toda a paciencia que fixo falla para estar tantos días sin sair. 
Estou orgullosa de vós! 
Quero decirvos que este curso, aínda que curto e extrano, foi para min mui agradable porque me atopei con uns alumnos e alumnas mui traballadores, dispostos a facer sempre o que se vos pedía e sobre todo unhas persoíñas fabulosas.
Sei que en primaria ides conseguir todo o que vos propoñades e vades a estar felices cos maiores.


                       CHICOS E CHICAS DE 5 , NON CAMBIEDES PORQUE
                                  SODES UNHA CLASE ESTUPENDA!!