viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIMOS AOS DA CLASE DE 5 ANOS

Queridos nenos e nenas da clase de 5 anos: chegou o momento de decir adeus a Infantil para irvos a Primaria. O tempo pasou sin darnos conta e neste vídeo veredes como fostes medrando,
día a día no cole de Cedeira.
 
Xa fai 3 meses que deixamos de vernos, pensábamos que iban ser un poucos días e ao final non pudemos facer todas as cousas que planeáramos con ilusión para o terceiro trimestre .
Contáronme que no confinamento vos portastes xenial, que axudástedes na casa, que fixestes traballiños e que tivéstedes toda a paciencia que fixo falla para estar tantos días sin sair. 
Estou orgullosa de vós! 
Quero decirvos que este curso, aínda que curto e extrano, foi para min mui agradable porque me atopei con uns alumnos e alumnas mui traballadores, dispostos a facer sempre o que se vos pedía e sobre todo unhas persoíñas fabulosas.
Sei que en primaria ides conseguir todo o que vos propoñades e vades a estar felices cos maiores.


                       CHICOS E CHICAS DE 5 , NON CAMBIEDES PORQUE
                                  SODES UNHA CLASE ESTUPENDA!!                                                                              

No hay comentarios:

Publicar un comentario