martes, 31 de marzo de 2020

ENGLISH, ENGLISH!!!!!

Queredes seguir xogando e aprendendo pero en inglés?

Pois Afri, a mestra de inglés, ten un blog con moitas cancións e xogos super divertidos.


Podedes acceder  dende a paxina web do cole ou directamente dende o seguinte enlace:

CUENTOS KALANDRAKA TV

Se pinchades na seguinte ligazón, poderedes escoitar algúns dos fabulosos contos da editorial Kalandraka que tanto gustan a nosos peques.



Bicos virtuais😘




IDEAS PARA TRABALLAR A LÓXICO-MATEMÁTICA

Ola familias, que tal?, como ou levades?, como andan eses peques?

Hoxe queriamos mostrarvos o sinxelo que pode ser traballar a lógico- matemática.

Todas as ideas son válidas, contar os pratos para poñer a mesa, os vasos, contar cuantos saltos poden dar no corredor,...

Que vos faltan ideas? pois aí van unhas cantas!!!


https://drive.google.com/file/d/1LYbVshfaUKoebhIHm3zUhjwdMVWO_ewH/view


sábado, 28 de marzo de 2020



                     PARA TODOS OS NENOS E NENAS QUE LEVADES 15 DÍAS SENDO
                                                 UNS VERDADEIROS CAMPIÓNS   !!!

PLASTILINA CASERA

    COMO FACER PLASTILINA CASEIRA

   E por qué non aproveitar este tempo para meter as mans na masa?
   Con esta receita de plastilina caseira poderedes pasar un intre divertido creando todo o que se vos ocorra e así compartiredes un ratiño divertido en familia.
   Si non tedes colorante alimentario probade a tinguir a auga que hai que utilizar con azafrán ou deixando un rorulador vello dentro da taza con auga.
    A ver que sae, xa nos contaredes !!!
    



jueves, 26 de marzo de 2020

O MONSTRUO DE CORES E O CORONAVIRUS


Os contos son sempre unha ferramenta fantástica para achegarnos aos mais pequenos e así poder explicarlles algunhas cousas que nos resultaría difícil doutro xeito.

Nesta ocasión non podía ser diferente. 

Se premedes no vídeo, O Monstro das cores (conto que coñecen e que lles encanta) axudará aos nosos peques a entender mellor a situación na que nos atopamos.

IDEAS DE LECTOESCRITURA

Ola familias e nenxs!!! 

Cómo o levades?? Dende aquí queremos enviaros ánimos e esperamos que estedes o mellor posible.

Como sabedes non é obxetivo de infantil acadar a lectura e escritura pero a estas idades podemos facer moitas actividades que nos permitan aprender ao tempo que xogamos.

Buscar letras en revistas o periódicos, hacer las letras con plastilina, buscar desde la ventana que letras tienen los escaparates,... calquera cousa que se vos ocurre vale!!!





miércoles, 25 de marzo de 2020

PRIMERAS FOTOS DE NUESTROS ARTISTAS!!!!

Ahí está os primeiros debuxos dos nosos pequenos artistas!!





Y POR QUE NO UN POCO DE MOVIMIENTO!!!

Cansados de inventar juegos con los que entretener a los enanos??
Si pulsais en el enlace podréis ver como con una simple cinta aislante y un gran pasillo podemos ponerlos a hacer un poco de ejercicio. Ánimo!!!



miguerreroymiprincesa.blogspot.com/2014/03/trabajamos-la-motricidad-gruesa-en-el.html?m=1

ALGUNHAS APP INTERESANTES



Ola peques e familias,

Séguennos chegando iniciativas de distintas entidades poñendo parte dos seus servizos á nosa disposición e parécenos interesante contarvos cales son.
Nesta ocasión Edelvives ofrécenos ata o 30 de xuño varias apps de forma gratuítas. Podedes descargalas en Play Store ou AppsStore.

Se nalgún momento pídevos algunha clave teneis que escribir a palabra " edelvives".
As aplicacións son as seguintes:

Splash Kids 3
Splash Kids 4
Splash Kids 5
NextApp
Chessapp (axedrez on line)

Non vos importe a que idade van dirixidas, sabeis que esta etapa é globalizada e o importante é que cada neno/a vaia avanzando na súa propia aprendizaxe.

Moito forza e ánimo.

martes, 24 de marzo de 2020

ARTE PRIMAVERAL


Cantas letras ten a palabra Primavera ?? Podeis escribila, compoñerla con tapóns, palillos, plastilina...Todo é valido.



Aquí temos máis manualidades para dar renda sola a imaxinación e seguir traballando a PRIMAVERA. 
Soamente precisamos as nosas mans, hueveras e tenedores de plástico ou normais.  







Tamén podedes traballar esta poesía 


Aprender xogando é pura maxia. 


A PRIMAVERA XA ESTÁ AQUI !!

 
As flores florecen, os paxaros cantan e as nubes se levantan. Chegou a Primavera cun olor e color especial aínda que non poidamos facer as actividades cotiás das que tanto disfrutamos no cole e tamén na casa.  A pesar de todo aquí estamos para poder levar esta situación da mellor maneira posible.




A continuación presentamos unhas actividades sinxelas que podedes facer cos vosos nenos e nenas para traballar a chegada da Primavera. Un conto moi bonito que se traballa nas aulas de Infantil e moi relacionado coa temática e A Pequena Oruga Glotona. Quen o teña o pode leer cos seus fillos e fillas. Quen non o teña na casa pódeo ver a través de Youtube (deixo o enlace aquí, so tedes que pinchar enriba do título do conto).



A raíz do conto podedes traballar a expresión oral, preguntándolles acerca do acontecido, dos persoaxes, dos días da semana e o número de froitas que come cada día, facendo fincapé na alimentación saudable.
Como actividades manuais e creativas expoñemos as seguintes, as podedes facer con material reciclado (hueveras, tapóns, cunchas, esponxas, rolos de papel hixiénico...) ou calquer outro que teñades por casa. 

Encántalles pintar coas mans
Pódese facer con globos, corchos ou tapóns





Esperamos que as disfrutedes e moito ánimo para todos !!!
EQUIPO DE INFANTIL

Estampación con esponxas, corchos, rolos de papel






     TODO VAI A SAÍR BEN !!

     Queridas familias de infantil, desde este blog as mestras desexamos que todos vos atopedes ben, iso é neste momento o máis importante.
     Queremos manternos en contacto con vós, non para impoñervos tarefas nin obrigas senón para axudar e manternos cercanos nestes momentos que nos tocou vivir.
     A nosa idea é ir colgando neste blog pequenas ideas e tarefas sinxelas que xa facemos a diario na aula para que vos sirvan de distracción e vos axuden a pasar un pouquiño millor o tempo.
     Son rutinas e actividades que eles xa coñecen e lles farán sentir máis cerca da súa rutina diaria.
     Nada disto é obrigatorio, sabemos que a realidade de cada familia é única e particular e que cada neno está a reaccionar de forma diferente ante esta situación inesperada.
     Non lles obriguedes si non queren ,non son deberes, solo un recurso que vos ofrecemos para que todo siga sendo o máis normal posible.
     Aquí vos deixamos unha poesía do noso querido Manuel María, co símbolo e o desexo desta loita de todos. 
     Para todos os nenos e nenas de infantil o noso aplauso enorme polo ben que o están a facer quedando na casa. Estamos desexando volvervos ver. Sodes fantásticos !!
     Xuntos ímolo conseguir, todo vai a sair ben.
         

                                                  

   A primeira suxerencia é que dibuxedes nun folio un arco da vella como este e o poñades nun lugar da casa que vos guste.Podedes tamén copiar ou intentar escribir o lema.
   Bicos a moreas para todos das vosas mestras !!!
                               

lunes, 23 de marzo de 2020

   RAP DA TOS E O CODO 

   As medidas de hixiene contra o coronavirus tamén se poden explicar de xeito divertido,por iso vos deixamos este rap que algúns xa coñeceredes.Imos cantar, bailar e coidarnos !!!



https://www.youtube.com/watch?v=7wC_UMHo9M4
  RAP DE LA TOS Y EL CODO a bailar!!