As flores florecen, os paxaros cantan e as nubes se levantan. Chegou a Primavera cun olor e color especial aínda que non poidamos facer as actividades cotiás das que tanto disfrutamos no cole e tamén na casa. A pesar de todo aquí estamos para poder levar esta situación da mellor maneira posible.
A continuación presentamos unhas actividades sinxelas que podedes facer cos vosos nenos e nenas para traballar a chegada da Primavera. Un conto moi bonito que se traballa nas aulas de Infantil e moi relacionado coa temática e A Pequena Oruga Glotona. Quen o teña o pode leer cos seus fillos e fillas. Quen non o teña na casa pódeo ver a través de Youtube (deixo o enlace aquí, so tedes que pinchar enriba do título do conto).
A raíz do conto podedes traballar a expresión oral, preguntándolles acerca do acontecido, dos persoaxes, dos días da semana e o número de froitas que come cada día, facendo fincapé na alimentación saudable.
Como actividades manuais e creativas expoñemos as seguintes, as podedes facer con material reciclado (hueveras, tapóns, cunchas, esponxas, rolos de papel hixiénico...) ou calquer outro que teñades por casa.
Encántalles pintar coas mans |
Pódese facer con globos, corchos ou tapóns
Esperamos que as disfrutedes e moito ánimo para todos !!!
EQUIPO DE INFANTIL
|
Estampación con esponxas, corchos, rolos de papel |
No hay comentarios:
Publicar un comentario