martes, 24 de marzo de 2020

     TODO VAI A SAÍR BEN !!

     Queridas familias de infantil, desde este blog as mestras desexamos que todos vos atopedes ben, iso é neste momento o máis importante.
     Queremos manternos en contacto con vós, non para impoñervos tarefas nin obrigas senón para axudar e manternos cercanos nestes momentos que nos tocou vivir.
     A nosa idea é ir colgando neste blog pequenas ideas e tarefas sinxelas que xa facemos a diario na aula para que vos sirvan de distracción e vos axuden a pasar un pouquiño millor o tempo.
     Son rutinas e actividades que eles xa coñecen e lles farán sentir máis cerca da súa rutina diaria.
     Nada disto é obrigatorio, sabemos que a realidade de cada familia é única e particular e que cada neno está a reaccionar de forma diferente ante esta situación inesperada.
     Non lles obriguedes si non queren ,non son deberes, solo un recurso que vos ofrecemos para que todo siga sendo o máis normal posible.
     Aquí vos deixamos unha poesía do noso querido Manuel María, co símbolo e o desexo desta loita de todos. 
     Para todos os nenos e nenas de infantil o noso aplauso enorme polo ben que o están a facer quedando na casa. Estamos desexando volvervos ver. Sodes fantásticos !!
     Xuntos ímolo conseguir, todo vai a sair ben.
         

                                                  

   A primeira suxerencia é que dibuxedes nun folio un arco da vella como este e o poñades nun lugar da casa que vos guste.Podedes tamén copiar ou intentar escribir o lema.
   Bicos a moreas para todos das vosas mestras !!!
                               

No hay comentarios:

Publicar un comentario