Hola familias, cómo o levades? Esperamos que o mellor posible. Nós por aquÍ buscando actividades chulas para propoñervos.
Como sabedes este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero gran impulsor do uso do galego. Este autor, entre outros moitos libros, escribiu un conto para nenos titulado "As pitas baixo a choiva".
Pois propoñemosvos que decoredes unha galiña que vos achegamos a continuación nunha plantilla, da forma que máis vos guste, todo vale: colorerla, pegarlle papeliños ou calquera outro material, pintala con témpera, acuarela, decorala con trazos bonitos,... ou o que se vos ocorra. Deixade voar a imaxinación!!! o que necesitamos é que nola mandedes ao correo de cuarentenaeninfantil@gmail.com antes do 15 de maio para poder colgalas no blogue e así facerlle unha pequena homenaxe a este autor.
Para os que non dispoñen de impresora, tamén nos vale que dibuxedes ou vos dibuxen unha galiña parecida e podedes decorala ao voso xeito.
ESPERAMOS AS VOSAS PROPOSTAS!!!
https://drive.google.com/file/d/1TDspcXIDevqJlNii_RtlJzeCF4mNDEUD/view?usp=sharing
Aquí podedes ver o conto
Aquí podedes ver o conto
No hay comentarios:
Publicar un comentario