lunes, 27 de abril de 2020

AS FIGURAS XEOMÉTRICAS

OLA A TOD@S!!

Esta semana podedes repasar as figuras xeométricas:


  • Primeiro escoitade a canción! Xa a coñecedes!



  • Tamén podedes ver este outro vídeo:




A continuación busca pola casa obxectos que teñan forma de triángulo, rectángulo, cadrado, círculo...
Logo podes escoller entre estas opcións:
-Debuxar obxectos que teñan esas formas xeométricas. Podes debuxar os que aparecen no vídeo ou outros. -Podes copiar o nome das figuras xeométricas que aparecen no vídeo.
-A partir dunha figura xeométrica, debuxar en qué se pode converter. Por exemplo: un círculo nun sol.
-Crear un debuxo empregando varias figuras xeométricas. 

Neste vídeo podes ver algunha idea:


Outra opción é facer as formas xeométricas con plastilina ou facer as formas con sellos, elaborados con rolos de papel hixiénico (darlle forma coa axuda do adulto) e logo realizar as estampacións no papel.




Disfrutade e moito ánimo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario