miércoles, 1 de abril de 2020


CALENDARIO CASEIRO PARA RECIBIR 
O MES DE ABRIL


Aquí vos deixo unha idea para ir apuntando os días do mes de abril, seguro que a vós vos queda máis chulo.
Cada día podese ir apuntando o número corrrespondente e tamén,no espazo que queda, facer un rexistro do tempo cun dibuxo, sol,nube, chuvia...Podedes facelo con lapis e logo repasar e colorear.



(Esta actividade diaria serviralles para situarse temporalmente e recordaralles as rutinas do cole)
Tamén poden facer un libriño-diario da corentena no que escriban a data na parte de arriba e dibuxen o que eles queiran facer ese día, incluso poden  tentar escribilo.


SÓ vos pedimos 4 cousiñas muuuuuiiiiii importantes:

QUE COLLAN BEN O LAPIS, FACENDO O PIQUIÑO COS DEDOS.
    
QUE FAGAN AS LETRAS E NÚMEROS COA DIRECCIÓN CORRECTA.

LEMBRÁDELLES QUE TODAS AS LETRAS E NÚMEROS EMPEZAN POR ARRIBA (EXCEPTO AS DA PALABRA MAÑÁN QUE EMPEZAN POR ABAIXO)

E TAMÉN QUE OS NÚMEROS E LETRAS REDONDOS (C,G,Q,O,0,6,9) FAN O XIRO HACIA ATRÁS, HACIA A MAN QUE APOIAN NO FOLIO OS QUE SON DESTROS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario